Comarcas

Convocan protestas en Maderas Iglesias para rexeitar novo ERE para toda a plantilla

O comité de empresa de Maderas Iglesias, empresa do Porriño dedicada á fabricación de tarima flotante, vén de convocar mobilizacións para rexeitar o novo ERE suspensivo anunciado pola dirección.

A primeira mobilización terá lugar este venres día 25, xornada na que se desenvolverá un paro de de 1 a 3 da tarde e unha concentración diante das instalacións da compañía.

A representación dos traballadores rexeita o novo ERE, cuxa comisión negociadora se constituirá nos vindeiros días, e lembran que se trata do noveno que presenta a empresa, ao tempo que denuncian que «o persoal segue sen cobrar o salario íntegro de decembro e paga completa dese mesmo mes”. Con estes atrasos, subliñan dende o Comité, o propietario de Maderas Iglesias está a incumprir os acordos que permitiran supender a folga convocada a finais do ano pasado.

“Non vemos unha saída á situación que estamos a padecer os 200 traballadores que quedamos, e a dirección segue sen aclarar cal vai ser o futuro da compañía”, denuncian. Queren deixar moi claro que o ERE non é a solución, e critican a actitude do empresario e a falta de implicación da Xunta.

“O Goberno galego comprometérase a buscar unha solución pero pasa o tempo e todo segue igual”, polo que seguran sentirse abandonados. Neste senso, aseguran que “semella que os traballadores somos os únicos que queremos que a empresa sexa viábel e siga a funcionar”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.