Galicia Sucesos

63 feridos en accidentes de tráfico nunha fin de semana sen mortos nas estradas galegas

O 061 asistiu durante a fin de semana a 63 persoas debido a 46 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 18 e as 12 menos un minuto da noite do pasado domingo, 20 de xaneiro. 

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 60 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 46 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 63 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 57. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en seis accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 46 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria nun accidente. As ambulancias convencionais asistiron en catro ocasións.

En 53 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 10 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar