Ciencia y Tecnología Galicia

Sanidade lembra que a vacina da gripe pode poñerse ata o vindeiro venres, 25 de xaneiro

A Consellería de Sanidade decidiu prorrogar ata o vindeiro día 25 de xaneiro a campaña de vacinación da gripe, que se está desenvolvendo en Galicia baixo o lema “Contaxia a túa enerxía e non a gripe” dende o pasado 22 de outubro.

Dende a Consellería de Sanidade lémbrase que este ano en Galicia atrasouse a chegada da onda gripal e polo tanto todas aquelas persoas que o desexen e non o teñan feito, aínda están a tempo de vacinarse. Para ilo poden acudir a algún dos 900 puntos de vacinación repartidos por toda a comunidade, coma os centros  de saúde e os hospitais do Servizo Galego de Saúde. Tamén en centros sanitarios privados ou residencias da terceira idade entre outros.

Últimos datos epidemiolóxicos

Sanidade lembra que o principal obxectivo desta campaña de vacinación é minimizar o impacto en saúde da gripe na poboación galega mediante a súa prevención, procurando diminuír o número de casos e a gravidade das complicacións derivadas de padecela. Co comenzo da onda gripal deste ano, os últimos datos epidemiolóxicos publicados amosan xa 152 ingresos hospitalarios  (69 xa de alta)  por esta enfermidade dos que 17 tiveron que ingresar na UCI. Dos 136 que tiñan indicada a vacina, o 64%  non a puxeran .

También te puede interesar