Cultura Vigo al minuto

@primaveradocine abre a inscrición no festival que se celebra en Vigo do 30 de abril ao 5 de maio

O Primavera do Cine aborda o seu cuarto día de proxeccións

Os interesados poden inscribirse na web do festival ata o 25 de febreiro

Reencanto Produccións, asociación organizadora do Festival Primavera do Cine, presentou este venres no Instituto Camões as bases para concorrer ao certame que terá lugar entre o 30 de abril e o 5 de maio. Tódolos cineastas ou produtoras que queiran enviar os seus traballos poderán facelo inscribíndose na web do festival dende o 18 de xaneiro ata o 25 de febreiro.

Ao igual que en edicións pasadas, os proxectos deberán ser de produción galega ou lusófona e poderanse entregar tanto curtametraxes coma longametraxes e videoclips.

Juan de Castro, o director do certame, aproveitou a ocasión para facer un breve balance da anterior edición: “houbo un incremento moi considerable de asistencia de público e tivemos moi boas palabras de cineastas, convidados e colaboradores do festival”.

Por iso, o Primavera do Cine repetirá actividades coma Cine nos Barrios, un acto que o ano pasado trouxo a Coia e Teis o documental de Vigo 1972, dirixido por Roi Cagiao, e o que acudiron máis de 400 persoas. Este ano aproveitarase a ocasión para celebrar o Día do Traballo

Tamén se fará unha nova edición de Cine Miúdo, un evento para nenos e nenas de infantil e primaria polo que pasaron xa máis de 3.000 cativos en tódalas súas edicións, e tamén unha masterclass que será, en palabras do director do festival “moi sorprendente”.

Doutra banda e repetindo a boa experiencia do festival de 2018, o Primavera do Cine será a sede dun novo Encontro Arraianos, un acto no que estarán representantes de festivais, universidades e cineclubes e que ten por obxectivo promover a creación de redes de colaboración e intercambio.

Lusofonía

A directora do Instituto Camões, Carla Amado, aproveitou o acto para destacar que o festival xa forma parte da súa familia pola súa gran labor á hora de difundir a cultura lusófona na cidade e en toda Galicia. Tamén puxo o acento en que está edición culminará o 5 de maio, Día da Fala Portuguesa, e non hai mellor escusa para facer disto unha festa e unha celebración para o día da clausura.

O festival

O Primavera do Cine, o único festival de Galicia que proxecta en exclusiva obras audiovisuais galegas e lusófonas, seguirá apostando pola visibilización deste tipo de traballos polo que na súa oitava edición manterá as dúas seccións orixinais (galega e lusófona) coas tres categorías xa tradicionais: curtametraxes, longametraxes e videoclips, mais un apartado especial adicado a animación.

As proxeccións das longametraxes terán lugar no Auditorio do Concello de Vigo, mentres que no Instituto Camões poderanse ver os filmes lusófonos e no Marco, as curtametraxes galegas e lusófonas.

También te puede interesar