Galicia

@galizaCIG chama a participar o día 26 na manifestación por unhas pensións públicas dignas e garantidas

A CIG vén de realizar asembleas e concentracións de delegados nas diferentes comarcas de Galicia en defensa do sistema público de pensións e para esixir a derrogación das reformas laborais, da negociación colectiva e das pensiónscomo única vía para garantir a recuperación dos dereitos roubados á clase traballadora baixo a escusa da crise”.

O sindicato chamou a participar na manifestación que a central ten convocada o domingo 26 de xaneiro, ao mediodía, en Santiago de Compostela por unhas pensións públicas e garantidas, “porque esta é unha loita que atinxe a toda a clase traballadora”.

Ademais desta cuestión, nas asembleas debateuse arredor da folga de mulleres de 24 horas que a CIG convoca para o vindeiro día 8 de marzo.

También te puede interesar