Pouco máis de 757 millóns de investimentos reais en Galicia. Esta é proposta que fai o proxecto dos Orzamentos do Estado para este 2019 o cal representa un 19 por cento menos que o ano pasado, cando estaba previsto que o Estado investise en Galicia preto de 937 millóns de euros.
A nosa é a comunidade autónoma que máis baixa en inversión, tres puntos en total, por riba dos 2 puntos de Madrid. Polo contrario Cataluña-con 3,5 puntos máis-, Andalucía- con 3- e Valencia-con 2,5- son as que máis cartos recibirían do Goberno central.