Galicia Sucesos

Estabilizado o lume de Fisterra que queimou 26 hectáreas en apenas 6 horas

O lume que afecta á parroquia de San Martiño de Duio, no concello de Fisterra, está estabilizado dende este domingo ás  12 e media da tarde, segundo informa a Consellería de Medio Rural.

Dacordo cos seus datos, as lapas, que comezaron hoxe sobre as 7 da mañá, arrasaron unha superficie de 26 hectáreas. Á hora de escribir esta información traballaban no lugar dúas brigadas, dous axentes, dúas motobombas e un helicóptero.

También te puede interesar