Ciencia y Tecnología Destacados

Denuncian na Fiscalía a morte de dous pacientes, o día 2, en Urxencias do Complexo Hospitalario de Santiago

A doutora de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) Fátima Nercellas confirmou este venres que varios profesionais do CHUS denunciaron ante a Fiscalía a morte de dous pacientes en Urxencias o pasado 2 de xaneiro.

A doutora Nercellas compartiu esta información nunha xornada de sanidade, na que participou  xunto a outros dous profesionais de Urxencias engadindo que o día 2 houbo ata 4 pacientes que “estaban en parada” nos corredores deste servizo no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e que, nalgún momento, neste espazo houbo que situar a preto de 30 enfermos.

También te puede interesar