Comarcas

@depo_es reforza a actuación dos seus servizos para facer fronte as xeadas que afectan ás estradas provinciais

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra reforzaráo servizo do servizo de mantemento ante a chegada de novas xeadas pola baixada das temeperaturas. Como adiantara onte o organismo provincial, aumentou o aprovisionamento de sal para facer fronte ás xeadas producidas polas baixas temperaturas destes días na rede de estradas.

En total veñen de subministrarse aos parques base das brigadas de mantemento e conservación outras 125 toneladas de sal que se suman ás máis de 100 coas que se iniciou a tempada de inverno. As baixas temperaturas que se rexistraron nas últimas semanas fixeron necesario actuar esparexendo a salmuera de maneira preventiva coa previsión de continuar alomenos nos seguintes días.

Segundo explica o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, destinaranse 20 novas toneladas de sal ao parque de Pontevedra, outras 25 a Ponteareas, 25 a Lalín, 50 a Codeseda e 5 a Gondomar e, a curto prazo mantense a orde de que as brigadas da zona Norte e Sur saian polas tardes e noites –ademais de polas mañás- de maneira extraordinaria para facer actuacións preventivas e garantir a seguranza viaria. Non se descarta ter que facer novas reposicións de sal en función da climatoloxía xa que, segundo explica o deputado, non é operativo adquirir un subministro excesivo xa que o sal estrágase ao estar almacenado e non pode se utilizado na maquinaria esparexedora.

Segundo os datos que manexa o coordinador das brigadas provinciais, as brigadas traballaron estes días, segundo o protocolo fundamentalmente na zona Centro e na zona Sur, e na zona Norte onte pola tarde.

As equipas de Mobilidade provincial seguiron atendendo avisos na zona de Sanxenxo, Meaño, Meis e Vilanova, ademais de en Barro, Soutomaior ou Catoira, zonas pouco habituais pola afección do frío e as xeadas que, sen embargo, estes días están a necesitar actuacións preventivas porque as placas de xeo estanse a formar en zonas de val en lugar de en zonas altas.

Tamén se están a realizar diariamente- mañá e tarde-percorridos polos concellos do interior na parte Norte, actuando en Vila de Cruces, A Golada, Dozón, Rodeiro ou Lalín, cubrindo todas as zonas máis complicadas. Na zona do Condado Paradanta houbo incidencias específicas en Covelo, Mondariz e A Cañiza.

También te puede interesar