Galicia Vigo al minuto

Persoal de limpeza dos colexios públicos de Vigo mobilízase polo despido dun compañeiro

Persoal de limpeza dos colexios públicos e escolas infantís de Vigo participou este mércores nunha concentración diante da sede de Mantelnor,  empresa concesionaria do servizo, para rexeitar o despedimento dun compañeiro e reclamar a súa inmediata readmisión.

As traballadoras e traballadores volverán a mobilizarse diante da compañía o próximo mercores 16, mentres que os vindeiros días 23 e 30 farano no Concello para demandar a implicación do Goberno local.

A representación do plantel de Mantelnor reclama a inmediata readmisión do despedido e instan a empresa a aplicar outra medida “menos drástica” no caso de que o considere oportuno.

 

También te puede interesar