RGPD - Cookies
Cultura Galicia

Sanidade prorroga ata o 25 de xaneiro a campaña de vacinación contra a gripe

A Consellería de Sanidade alongará ata o vindeiro día 25 deste mes de xaneiro a campaña da vacina da gripe, que baixo o lema ‘Contaxia a túa enerxía e non a gripe’ xa chegou a 553.000 persoas.

Esta medida tómase polo feito de que a gripe está retrasando a súa chegada este ano e por iso as persoas que queiran vacinarse están aínda a tempo de facelo acudindo a calquera dos  900 puntos que hai en toda  Galicia: en centros de saúde, hospitais públicos, clínicas e centros privados ou centros de maiores, entre outros.

También te puede interesar