Destacados Sucesos

Folga indefinida nos Puntos de Atención Continuada (PAC) de Galicia dende este luns, 7 de xaneiro

Desde este luns, día 7 de xaneiro , o persoal dos Puntos de Atención Contunuada (PAC´s ) de Galicia inician unha folga indefinida. “Despois de múltiples intentos de diálogo co Servizo Galego de Saúde (SERGAS) e de dúas folgas parciais seguimos sen ningún achegamento por parte da Administración. O Comité de Folga non foi convocado durante este período para negociar unha saída ao conflito”.

As peticións do colectivo seguen a ser os 11 puntos que levan sinalando hai un ano, con reivindicacións sobre todo asistencias e de equiparación de dereitos ao resto dos colectivos do SERGAS: a retirada dos obxectivos da derivación hospitalaria, equipos completos enfermaría-médica, revisión de plans funcionais, valoración de riscos e equipos de protección acorde ao traballo que desenvolvemos ou un cómputo de xornada correcto onde os permisos e as baixas nos compute neutro a efectos de xornada, son algúns dos exemplos.

Segundo datos publicados pola Consellaría, no ano 2017 atendéronse máis de 1.548.000 urxencias nos 90 PAC de Galiza; 767.000 nos seis primeiros meses de 2018 e resaltan o “alto índice de resolución, de máis do 90% sen necesidade de derivación hospitalaria, os traballadores subliñan que “malia aumentar a actividade asistencial, os PAC non están ben dotados e os equipos sanitarios son mínimos”.

“A incompetencia da Xunta na sanidade galega é un problema que non se pode esconder máis. Son numerosos os colectivos de traballadores e usuarios que seguimos denunciando publicamente o estado precario da sanidade nomeadamente en primaria: as listas de espera, os problemas de derivación a consultas de especializada, a falta de medios, a escaseza de persoal contratado ou o material inaxeitado”.

A xuízo dos profesionais, o Goberno de Galicia, coas súas declaracións de “facemos o que podemos”, recoñece de forma “totalmente irresponsábel o que levamos meses denunciando: que hai unha enorme falta de planificación que se foi paliando grazas a implicación e responsabilidade das traballadores”.

Para os traballadores, ofeito de que o SERGAS non convoque o Comité de Folga, que estean excluidos  das reunións e grupos de traballo de reestruturación en Atención Primaria e que se permita que este conflito se estenda no tempo deixa en evidencia da falta de disposición ou capacidade para resolver os problemas coas traballadores dos PAC.

“Por todo isto, o noso colectivo decidiu convocar folga indefinida a partir de hoxe para dar solución dunha vez por todas a trato inxusto e discriminatorio ao persoal cunhas condicións de traballo pésimas que non se poden soster máis no tempo”.

También te puede interesar