RGPD - Cookies
Cultura Destacados

@depo_es pon en marcha o Programa ‘O teu primeiro emprego’

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, vén de anunciar a posta en funcionamento de “O teu primeiro emprego”, o novo programa de fomento para a formación e o emprego para a mocidade, que xa foi anunciado o pasado 20 de decembro e que virá a substituír desde o próximo mes de xullo ao antigo Plan de Práctica Laboral nas empresas, nos concellos e na propia institución provincial, creado e impulsado polo Partido Popular.

Silva explicou que o novo plan “suporá un cambio rotundo de modelo en consonancia co “Plan Director por un Trabajo Digno 2018-2020”, aprobado no mes de xullo de 2018 polo Goberno de España para propiciar formación e empregos dignos, un Plan Director co que estamos en total sintonía”

De feito, o novo plan, sinalou a presidenta, “terá como principal novidade que as mozas e mozos da provincia poderán optar a un sistema de contratos en prácticas, con máis garantías, duración e mellores salarios, abandonando o plan de bolsas que o PP ideou e implantou na Deputación de Pontevedra”.

Camela silva engadiu que “falamos de contratos con máis garantías e mellores salarios, con máis beneficios para a mocidade xa que as súas prácticas computan como experiencia profesional e figuran na vida laboral”.

En canto aos salarios, a presidenta explicou que as persoas beneficiarias percibirán o 60% do salario segundo o convenio colectivo de cada sector. “Mentres agora as persoas beneficiarias do Plan de Práctica Laboral reciben entre 740 e 840 euros, a partir de xullo e co novo modelo que estamos a impulsar todos e todas superarán esas cantidades”.

También te puede interesar