Vigo al minuto

@bngvigo propón instalar na cidade parques infantís cubertos

O BNG de Vigo vén de demandar que o Concello poña en marcha parques infantís cubertos na cidade, para uso e desfrute das cativas e cativos cando o tempo non acompañe. Así llo fixeron saber ao Goberno Local despois de que se veña de aprobar recentemente a licitación para a remodelación de tres espazos de ocio infantíl na cidade: o parque infantil do Calvario, o da Praza de Maruja Mallo e o da Alameda de Bouzas.

Aproveitando que se van facer obras de restauración nestes tres parques, o candidato do BNG á alcaldía, Xabier P. Igrexas, propón que se fagan cubertos para sacarlle o mellor partido a tres espazos magníficos dos que agora só se pode desfrutar con bo tempo.

“Entendemos que é unha necesidade. Os días de chuvia, en moitas ocasións os pais e as nais temos que levar os nosos fillos e fillas a un centro comercial por falta de alternativa”, denuncia.

Pérez Igrexas ve moi positivo para Vigo dispor de parques infantís cubertos, con zonas de xogo que permitan o seu aproveitamento nos días en que o tempo non acompañe e engade que este tipo de espazos xa existen noutras cidades do estado e do mundo.

“O goberno ten que comprometerse a serio para ofrecer unha programación de lecer de calidade para os máis cativos e cativas”, afirmou lembrando que Vigo só ten dous espazos nestes momentos con estas características, o espazo infantil do Pavillón de Coia e mais a Casa da Xuventude, este último con moitas precariedades.

También te puede interesar