Cultura Vigo al minuto

Vigo conta cun novo servizo de recollida de aceite e de roupa usada

…que ten coma obxectivo do de fomentar a reciclaxe e a reutilización a través de 100 contedores que se instalarán no casco urbán e nas zonas rurais da cidade.

Para o tratamento da roupa, o Concello conta coa colaboración de Cáritas Koopera que ten experiencia e coñecemento como xestor deste residuo a nivel nacional e que dispón dunha tenda no Calvario onde pode adquirirse roupa reciclada.

Co novo servizo ‘Vigo Recicla’ instalaranse 100 contedores na cidade, 50 de roupa e 50 de aceite, tanto na zona urbana como nas parroquias, activando un proceso de aprendizaxe e conciencia cidadá.

O programa de recollida selectiva de aceite e roupa usada entrará en funcionamento inicialmente coa recollida unha vez á semana, vendo as necesidades segundo se vaia implementando, co obxectivo de que estea implantado no ano 2020.

También te puede interesar