Galicia Sucesos

@ppdegalicia anuncia medidas legais contra o Goberno de Vigo por non entregar a documentación sobre o accidente do Marisquiño

O Partido Popular de Galicia vén de denunciar a “falla de la “lealdade institucional” que amosa a negativa do Concello de Vigo a facilitar a documentación solicitada pola Comisión de Investigación do accidente do Marisquiño do Parlamento galego, polo que non desbota tomar “as medidas legais, incluídas aquelas que sexan de carácter penitenciario”, que procedan.

A Comisión segue os seus traballos-sen a participación do PSdG-PSOE-mentres os populares consideran “moi preocupante” o que cualifican de “actitude obstrucionista” do alcalde que, indican nunha nota, logo de meses dicindo que a organización do concerto do Marisquiño cumprira todos os requirimentos legais, “agora négase a dar conta no Parlamento.

O Partido Socialista repite que o Parlamento non ten competencia
O segundo tenente de alcalde, Javier Pardo, reiterou este mércores que o Goberno local de Vigo non vai remitir documentación algunha á Comisión de investigación dado que, segundo un informe xurídico do secretario municipal, a actuación deste órgano é unha”inxerencia na autonomía do Concello”.

Pardo engadiu que non entendía como En Marea e o BNG están dacordo co PP en “facer un ataque político ao alcalde e ao Concello de Vigo”, algo que, segundo a súa opinión, ten que ver cunha “estratexia electoral e coa total falla de respecto ás vítimas”.

Para o Goberno da cidade será o xulgado quen decida as responsabilidades e, rematou, xa deu unha pista sobra as mesmas nun auto no que reflicte que o lugar do accidente era un peirao do Porto, que é quen ten que arranxar a pasarela que cedeu.

También te puede interesar