Galicia Vigo al minuto

O Goberno de Galicia autoriza o gasto de 16 millóns na nova estación de autobuses de Vigo

O Goberno de Galicia vén de autorizar o gasto de 16 millóns para construir a nova estación de autobuses de Vigo na estación do tren de Urzaíz e a financiar a súa parte do túnel que chegará ata ela. A intención da Xunta é que a licitación das obras sexa axiña e que os traballos- que terán unha duración de ano e medio- empecen no primeiro semestre de 2019.

Con esta inversión os viaxeiros poderán baixar do tren e coller un bus- ou ao contrario- logo de que a nova estación do bus estea en funcionamento onde agora está a estación provisional do tren. Este centro de transporte en bus contará cun máximo de 22 dársenas para autocares.

O presiente Feijóo sinalou hoxe que esta actuación forma parte do gran complexo intermodal que se está a desenvolver na rúa de Urzaiz e que se completa coa terminal de ferrocarril e o centro comercial Vialia e lembrou que a Xunta, o Concello de Vigo e o Adif concretaron o mes pasado a coordinación dos traballos para sincronizar a execución de forma simultánea da estación de autobuses coa do centro Vialia e coa dos accesos.

Ademais, concluiu, acondicionarase a praza de acceso que estará dotada dunha zona de taxis, de espazos de parada para coches e dunha entrada e saída directa dos autobuses á zona de dársenas.

 

You may also like