Galicia Sucesos

Un médico asegura no Parlamento que tres pacientes morreron a causa do retraso da Xunta en proporcionar os medicamentos contra a hepatite C

O doutor Evaristo Vao, presidente da asociación Batas Brancas, asegurou este mércores, na comisión de investigación sobre o Sistema Sanitario Público de Galicia, que tres pacientes morreron polo atraso en subministrarles os fármacos contra a hepatite C, unha demora que o doutor Vao estableceu en “seis ou sete meses”.

O médico explicou polo miúdo que a un destes enfermos o tratamento tardoulle en chegar 6 meses e “non pudo salvarse”;  noutro caso o paciente xa morrera logo de agardar 7 meses polo medicamento e o terceiro morreu logo de que tras catro meses pedindo o fármaco este non chegase.

Un cuarto enfermo, sinalou o doutor Vao, salvouse logo de ser sometido a un transplante de fígado, “cando pasaran 30 días estaba morrendo e recibimos a medicación logo de pedirla tres veces, a última á conselleira [daquela a doutora Rocío Mosquera]”.

 Desmentido dende a Xunta

Os prazos de agarda polos medicamentos aos que se refiería o doutor Vao foron desmentidos por Jorge Moura, asesor xuídico do Servizo Galego de Saúde (Sergas), quen sostivo que a Xunta actuara con dilixencia e celeridade. Grazas a esa ‘celeridade’, engadiu Moura, as autorizacións para subministrar o tratamento nunca superaron os “dez ou once días”.

Este asesor asegurou que o período de agarda polo tratamento estaba en dous ou tres meses, dende que a subcomisión de Farmacia da Xunta facía un informe favorable para que un paciente recibise a medicación.

También te puede interesar