Galicia Vigo al minuto

Os traballadores de Povisa denuncian que a clínica privada quere un convenio para «precarizar as condicións dos futuros empregados»

A dirección da clínica privada Povisa anuncioulle este venres ao comité de empresa, segundo indicaron os membros do mesmo, a súa intención de “negociar un novo convenio colectivo que reduza os salarios dos traballadores que se incorporen ao centro sanitario no futuro”.

Dende a CIG anunciaron hoxe na rolda de prensa que se oporá a calquera intento de precarizar aínda máis as condicións laborais do cadro de persoal e que fará o que sexa necesario para evitalo.

A razón esgrimida pola dirección de Povisa é que os empregados vigueses cobran máis que o persoal doutros hospitais privados, situación que ao seu xuízo “non se pode manter”. A voceira da CIG, María Xesús Neira, rexeitou este argumento e anunciou que se oporán a calquera intento da empresa de rebaixar os soldos.

Os plans da compañía fóronlle trasladados ao comité hoxe mesmo no transcurso da xuntanza mantida coa xerente e co director xeral para abordar o recente acordo entre Povisa e o Servizo Galego de Saúde (Sergas), que segundo a empresa permitirá retirar o preconcurso de acredores anunciado recentemente.

Neste senso, denunciou que “o cadro de persoal vai quedar fóra deste acordo”, xa que a súa situación laboral non só non vai mellorar senón que vai empeorar. “Van ter o seu concerto, que non vai ser tan malo e que lles vai permitir obter beneficios, mentres nós imos estar máis precarizados”. Ao mesmo tempo, amosou a súa preocupación pola posibilidade de que finalmente se poidan producir despedimentos, xa que «ninguén nos asegura o contrario».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.