Cultura Vigo al minuto

Obradoiros infantís de Nadal no MARCO

A partir do mércores 26 de decembro, o Museo de Arte Contemporánea (MARCO) ofrece obradoiros didácticos de Nadal dirixidos a público infantil -a partir de 3 anos -e familiar. Nesta ocasión, a proposta toma como base a exposición PANTOQUE, sacando partido das súas posibilidades didácticas e combinando as actividades no Laboratorio das Artes con percorridos polas salas de exposición.

Ao longo de 2018, a programación educativa do MARCO contou de novo co apoio de Obra Social “la Caixa”, tanto nas visitas e grupos de escolares, como en propostas para grupos con necesidades especiais, e obradoiros de verán.

Tras a exposición de Xulio Verne, no último trimestre o programa para escolares xira ao redor da mostra “Pantoque”, mediante visitas e obradoiros específicos dirixidos a alumnado de distintas idades e ciclos educativos (Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, FP e outros ciclos). Con esta colaboración, que naceu con ánimo de continuidade, a Obra Social “la Caixa” pretende ofrecer actividades complementarias ao traballo nas aulas, nas que se fomenten a arte e a cultura, e ás persoas con necesidades específicas opcións de ocio inclusivo.

You may also like