Comarcas

@depo_es investiu 30 millóns nos concellos do Baio Miño este mandato, “o maior investimento da historia da Deputación”

A presidenta da Deputación deu a coñecer este xoves, nunha comparecencia de prensa no Mercado de Tomiño, que a institución provincial investiu no que vai de mandato do actual Goberno provincial 29,9 millóns de euros (29.891.939,73 €) nos concellos do Baixo Miño: A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.

“É o maior investimento da historia da Deputación nesta comarca, e moito máis importante que a que fixo calquera outra administración”, asegurou Carmela Silva, que sinalou que “preto de 15 millóns corresponderon ao Plan Concellos, o mellor instrumento que temos para axudar aos concellos e que confirma, segundo fontes oficiais do Ministerio de Facenda, que a Deputación de Pontevedra é a Deputación de todo o estado que máis transferencias directas fai aos municipios”.

“Falo de datos obxectivos, de números que se poden comprobar un a un”, subliñou a Silva, falamos que só co Plan Concellos temos 175 obras nesta comarca. ¿Algunha outra administración pode compararase con estes datos?, ¿pode a Xunta sequera aproximarse tendo moitísimo máis orzamento?, preguntou Carmela Silva quen engadiu: “Fronte ás calumnias, datos fríos e números obxectivos”.

Destes case 30 millóns de euros, a institución provincial investiu 15 millóns no Plan Concellos; preto de 1,5 millóns no Plan DepoRemse beneficiando á Guarda, Tomiño e Tui; 1 millón noutros proxectos e plans; 3 millóns de euros en Emprego e Formación; 1,5 millóns de € na área de Cohesión Social e Xuventude; 6 millóns de euros en Mobilidade; 110.000 euros para a Igualdade entre mulleres e homes; arredor de 700.000 € en Deportes; máis de 730.000 € en Cultura; máis de 100.000 euros en Medio Ambiente; outros 100.000 € na área de Novas Tecnoloxías ou 900.000 en Turismo, así como máis de 400.000 euros nos programas Visit Miño e Smart Miño ou 800.000 no funcionamento da Oficina de ORAL.

O Plan Concellos da Deputación de Pontevedra supuxo un investimento de preto de 15 millóns de euros na comarca, con 2.827.747,81 € para A Guarda, 1.606.016,45 € para Oia, 2.039.983,69 € para O Rosal, 4.541.861,66 € para Tomiño e 3.725.450,93 € para Tui.

“Falamos de 175 obras nos cinco concellos e só con este Plan, feito con criterios técnicos, obxectivos e equidade e con cero euros de libre disposición”. Ademais, Carmela Silva lembrou que o Plan DepoRemse, deixou entre os concellos da comarca preto de 1,5 millóns de euros para mellorar a mobilidade e a seguranza viaria nos espazos públicos da Guarda (500.000 € para actuar na mellora da mobilidade e seguridade na contorna da Rúa Vigo e Celta), Tomiño (500.000 € para a mellora da mobilidade e da seguranza viaria na contorna dos equipamentos públicos da Praza do Seixo) e Tui (425.000 € para a mellora da seguranza viaria núcleo da Torre en Paramos).

También te puede interesar