Galicia Vigo al minuto

Un inchable de 140 metros, un deslizador de 30 ou unha gran tirolina, este ano en Vigolandia

Imaxes: Paula Crespo/O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, presentou as actividades da 16ª edición de ‘Vigolandia’, a festa do Nadal que se celebrará entre o 26 e o 30 de decembro con actividades de lecer e aprendizaxe para os máis pequenos da casa.

“Esta nova edición de Vigolandia vai superar as anteriores, cun impacto de 14.000 persoas”, augurou o concelleiro de Cultura, quen agradeceu a axuda dos colaboradores do evento para facer posible que a cita volva celebrarse.

Pola súa parte, Arsenio Prieto, director xerente do IFEVI, adiantou as novidades deste ano como un inchable de 140 metros ou un obradoiro de mini chefs para aprender a desenvolverse na cociña. Haberá tamén unha pista de obstáculos de 140 metros de longo, un wipe-out de 40 metros, un deslizador de 30 metros de largo con tobogán e ponte tibetana de 50 metros unida a una gran tirolina.

Vigolandia 2018 estará aberta desde o 26 (de 16 a 20 horas) ata o 30 de decembro (de 12 a 20 horas) e mantén aberto o certame de pintura “O Dinoseto de Nadal” no que participan 30 colexios da cidade con máis de 4.000 nenas e nenos de entre 6 e 12 años.

A entrada custa 5€ e pode contribuírse coa recollida de xoguetes e a entrega de alimentos non perecedoiros.

You may also like