Destacados Sucesos

@ProteBiosbardos denuncia o abandono dun pastor alemán atado a unha árbore e pide axuda para poder seguir traballando

Biosbardos denuncia o abandono deste pastor alemán que apareceu atado a unha árbore, cun saco de pienso ao lado, preto do refuxiio que a protectora ten no concello de Ponteareas.

Unha vez máis, as voluntarias e voluntarios de Biosbardos amosan a súa enorme preocupación diante de “comportamentos inhumáns” coma iste e volven a facer un chamamento pedindo axuda en forma de “casas de acollida, voluntarios, socios, madriñas e padriños para poder soster esta situación”.

As persoas interesadas en botar unha man de calquera xeito poden chamar ao teléfono 600 356 891  de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00- mandar un WhatsApp fora deste horario, entrar na web  www.protectoraosbiosbardos.org, ou nos sus perfís de Facebook e Twitter.

También te puede interesar