Ciencia y Tecnología Galicia

Veciños de Teis e Chapela denuncian un retraso de 2 anos na aprobación do Plan de Acción contra o Ruido na AP-9, que afecta ás dúas parroquias

As asociacións veciñais de Teis e Chapela, veñen de dirixirse por escrito ao director xeral de Estradas do Ministerio de Fomento, esixindo a aprobación definitiva do plan de acción contra o ruído das estradas da Rede do Estado en réxime de concesión -autoestradas de peaxe-, que afecta á AP9.

A Asociación Veciñal de Teis, presentou o 26 de xaneiro de 2017, unhas observacións para reclamar, que debía recollerse un calendario de prazos de execución de todas as actuacións.

Este Plan “sinala 26 zonas de actuación no Estado para reducir a contaminación acústica, entre elas unha actuación no tramo Teis- Vigo, pois como recolle o mapa Estratéxico do Ruído (MER) elaborado por Audasa en 20012, amosa datos moi preocupantes de contaminación acústica en Teis”.

O Plan establece tres tipos de grao de actuación: alto, grao medio e grao alto, tendo en conta o número de persoas afectadas e actividades sensíbeis pola contaminación acústica: a zona de Teis figura como grao alto.

“A realidade é que dous anos despois que o Plan de Acción Contra o Ruído fose sometido a información publica aínda non esta aprobado de xeito definitivo e polo tanto non se esta aplicando ningunha medida, nas zonas de actuación, como Teis e Chapela”, sinalan dende as dúas asociacións dende as cales cualifícase de “escandaloso” que desde Rande até o centro de Vigo, non exista nin un só metro de pantalla acústica ou barreiras contra o ruído, para reducir o impacto medio ambiental desta infraestrutura en Teis e Chapela.

También te puede interesar