Galicia Vigo al minuto

O Concello lanza a app Vigo, unha canle directa de información cidadá

O alcalde presentou este venres a  nova app Vigo, creada como unha nova “canle directa e bidireccional de comunicación” coa cidadanía, que permite recibir avisos diarios sobre cuestións como o tráfico, a cultura, noticias ou o emprego e ademais fai posible que a as veciñas e veciños participen na mellora da cidade remitindo, a través da aplicación, avisos e suxestións da mellora, que serán canalizados a través do servizo de atención cidadá 010.

A app conta con información de máis de 5.000 elementos da cidade e acceso a datos actualizados diariamente e tamén en tempo real, caso do tráfico, as cámaras do Concello e a chegada dos autobuses urbanos, entre outros.

A aplicación Vigo aglutina todos os servizos da cidade, como a axenda de eventos, as noticias e os avisos. Tamén proporciona información do tempo, do rueiro, dos parques, praias, fontes e mercados da cidade, así como das instalacións deportivas, culturais e deportivas coas que Vigo conta. O apartado de turismo inclúe os lugares de interese, aloxamentos, lecer, restaurantes, compras

No tocante á mobilidade, esta ferramenta proporciona os tempos de chegada do autobús urbano ás paradas a tempo real, informa das liñas e permite calcular as rutas. Igualmente o usuario pode acceder á información sobre os taxis, aeroporto, tren e barcos, xunto a toda a información relativa ao tráfico -aparcamentos, puntos de recarga, gasolineiras, planificación de rutas, cámaras e un mapa co estado do tráfico na cidade a tempo real-

A app Vigo permite ao usuario enviar ao Concello avisos e suxestións de mellora, achegando fotos e facendo un seguimento do estado da tramitación. Nesta plataforma pode coñecerse tamén as convocatorias, subvencións e ofertas de emprego da administración municipal, así como os trámites co Concello, con información e accesos a todos os habilitados da sede electrónica.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.