Os universitarios galegos están, moi maioritariamente, a favor de que a actual Monarquía que é o sistema implantado na actualidade en España dea paso a unha República. Así o indicaron no referendo promovido por varias plataformas no que participaron máis de 8.000 alumnas e alumnos nos campus de Ferrol, A Coruña, Santiago, Ourense e Vigo.
O 90% dos estudantes que depositaron o seu voto-nalgún caso como o de Vigo cunha porcentaxe de participación que foi maior que o das elección sao claustro do pasado mes de abril- decantouse pola República e amosaron a súa intención, coma sinalaron os organizadores deste referendo, de que este proceso abra nas universidades un canle de “coñecemento e debate”.
Por campus, no de Ferrol o 84,7% amosaron o seu apoio á fórmula republicana, en Santiago, con 3.592 votos emitidos, o 92% decantouse pola República; en A Coruña foi o 87,69% dos 2.064 votantes e en Vigo, cunha participación de 1.584 alumnos, o 90,59% optou pola abolición da monarquía.