O Goberno galego aprobou este xoves, na súa xuntanza semanal a convocatoria de 2.225 prazas para funcionarios de carreira, das que 1.448 son de acceso libre e 777 restantes, de promoción interna.
Segundo subliñou o presidente Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello, o seu goberno acomete, deste xeito, o primeiro paso para que o persoal laboral ao servizo da Administración galega pase a ser funcionario.
O presidente lembrou que a esta convocatoria hai que sumar a realizada na Educación e a que foi xa aprobada na Sanidade.