Vigo al minuto

@MareaVigo denuncia a apertura do aparcadoiro da Praza de Portugal sen os seus traballadores

Imagen:@MareaVigo

“O Goberno local incumpre sistematicamente todas as súas promesas ás e os traballadores das concesións municipais”

O grupo municipal da Marea de Vigo denunciou este martes que o Goberno municipal “incumpre sistematicamente todas as súas promesas ás e os traballadores das concesións municipais”.

O concelleiro Xosé Lois Jácome fixo estas declaración en rolda de prensa en relación co persoal dos aparcadoiros da porta do Sol e Praza de Portugal, que culminaban este pasado sábado coa reapertura deste último sen os traballadores asociados ao mesmo.

“En setembro e decembro do 2015 respectivamente, pechaban os aparcadoiros da Porta do Sol e da Praza de Portugal. En xaneiro do 2016, a Marea de Vigo levaba unha moción ao Pleno do Concello pedindo que se respectara o dereito de subrogación da totalidade do cadro de persoal de ambos centros de traballo. Nese Pleno, a concelleira de transportes ‘prometía’ a recolocación destes traballadores e traballadoras e ademais, que a solución chegaría cedo, e todo elo xunto ao voto afirmativo á moción. Isto acontecía en xaneiro do 2016 e atopámonos en decembro do 2018, con todo este cadro de persoal na rúa”, salientou Jácome.

Pola súa banda, o voceiro de Marea de Vigo cuestionouse os motivos e o que está acontecendo entre a empresa, Dornier-Empark, e o propio Goberno local, “a empresa concesionaria, a mesma empresa que ten a Xestión do Estacionamento Regulado –a ORA-, cuxo persoal leva en folga dende hai máis de 100 días, se tan mala relación ten co Goberno municipal a causa deste conflito, tal é como esgrime o seu voceiro como escusa para non esixir solucións no conflito da ORA; como é que lle regala ao Concello a apertura do aparcadoiro de xeito gratuíto durante varios días e como é o vínculo que ten Dornier-Empark co Goberno do PSOE para que esa apertura sexa no preciso momento no que o Goberno así o desexa?”, preguntouse Rubén Pérez.

Marea de Vigo ve con agrado os primeiros movementos, a nivel sindical, dos cadros de persoal das concesionarias do Concello de Vigo, ao entender que a unidade de acción das e dos traballores destas empresas que dependen todas do Concello é o único mecanismo de presión que se pode levar a cabo fronte a un “Goberno que se erixe sempre como defensor das traballadoras e traballadores mais nos feitos só defende criterios económicos que só benefician ás empresas concesionarias”.

También te puede interesar