Galicia

513.161 galegos xa se vacinaron contra a gripe, 3.733 máis que nas mesmas datas do ano pasado

Co presidente Feijóo-que acudiu este luns a centro médico de San Caetano- xa son 513.161 os galegos que se vacinaron contra a gripe no que vai da campaña deste 2018, en total 3.733 máis que na mesma data do ano pasado, segundo informa o Goberno de Galicia.

Dende a Consellría de Sanidade lembran que a vacina é a mellor forma para protexerse fronte á gripe e evitar as complicacións asociadas a ela. Así, os galegos que aínda non se vacinaron poden facelo ata finais do mes de decembro, data na que remata a campaña, nos 900 puntos de vacinación repartidos por toda a comunidade, entre os que destacan: centros de saúde e hospitais da rede Sergas ou residencias da terceira idade.

O médicos recomendan a vacinación a todas as persoas de 60 ou máis anos, aos residentes en institucións pechadas de calquera idade, ás mulleres embarazadas e a aquelas persoas con factores de risco que os predispoñen a padecer complicacións derivadas da gripe. Así mesmo, tamén entran no grupo de risco aquelas persoas que poden transmitir a gripe a outras con alto risco de complicacións, entre os que se atopan os traballadores sanitarios, e as persoas que desenvolven servizos esenciais.

Durante a pasada campaña do ano 2017 administráronse un total de 539.696 doses. Acadándose unha cobertura global nas persoas de 65 ou máis anos de case o 58%.

También te puede interesar