Comarcas

@ConcelloNigran inviste preto de 40.000€ na mellora do alumeado público da parroquia de Chandebrito

O Concello de Nigrán está a desenvolver obras de mellora do alumeado público nos barrios de Pracíns, Barreira e a rúa Igrexa, na parroquia de Chandebrito, por valor de 38.926 € .

Nunha segunda fase e tras soterrar o cableado, o Concello acondicionará o núcleo rural da rúa da Igrexa sustituíndo o firme de aglomerado actual  por adoquíns de pedra, obra cun custe de 60.350 € que ten como obxectivo destacar o valor etnográfico da contorna e, ao mesmo tempo, manter e conservar os viais. Estos dous traballos forman parte do Plan Concellos 2016 e 2018 e estarán finalizadas a inicios de ano.

O Concello instalará novos puntos de luz LED e novos báculos de aceiro inoxidable no Camiño da Igrexa, Barreira, Pracíns e o núcleo da parroquia, toda ela cun alumeado deficitario de vapor de sodio e xa moi anticuado.

Tal e como xa se fixo en todo o centro urbano, a nova medida suporá reducir a potencia de consumo entre o 51 % e o 80 %, o que ao mesmo tempo implica diminuír as costas de funcionamento das instalacións de alumeado público e, sobre todo, permitiralle ao Concello optimizar o gasto enerxético neste ámbito. «Supoñen tamén un cambio de imaxe, xa que sustituirán aos vellos postes de madeira e o cableado irá soterrado, tal e como se está a facer en tódalas obras novas», indicide o alcalde, Juan González.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.