Cultura Vigo al minuto

A Asociación Veciñal de Teis advirte que non haberá biblioteca pública en 2019

Os responsábeis da Asociación Veciñal de Teis, “logo de estudar o documento dos orzamentos do Concello para 2019, aprobados inicialmente no pleno do pasado 15 de novembro e que están pendentes de aprobación definitiva”, afirma que os mesmos  recollen unha partida de 115.000€, destinada para a  biblioteca, sala de lectura e usos múltiples en Teis.

Á vista desta circunstancia, “tendo en conta que o edificio do antigo centro de saúde, na rúa Enrique Lorenzo,  que acollerá a biblioteca e que foi cedido hai escasas semanas pola seguranza social, necesita un gran investimento para adaptalo aos novos usos,  pois atopase  abandonado desde o ano 2000.  A cantidade que figura no orzamento é totalmente insuficiente é sinala a falta de interese do Goberno local neste proxecto. O que non vai permitir contar cunha biblioteca en Teis en 2019”.

Dende a asociación vecinal subliñase que nos orzamentos de 2018 figuraba un investimento de 324.000€ para a sala de lectura de Navia e para nos de 2019 hai dúas partidas de 57.000 e 56.000€.

“Desde a Asociación Veciñal de Teis, defendemos desde hai anos a necesidade que neste edificio acolla unha biblioteca, ludoteca e local xuvenil. E non se limite só a unha sala de lectura e que perdamos unha oportunidade de dotar a Teis dunha boa dotación sociocultural”.  

A Asociación Veciñal de Teis  vai presentar alegacións ao orzamento que se atopa en período de exposición pública, esixindo do Goberno municipal o aumento da partida destina para a biblioteca e que permita que podamos contar con esta infraestrutura en funcionamento o antes posíbel.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.