RGPD - Cookies
'Qué te cuentas?' Galicia

Preto de 1.500 rapazas e rapaces galegos poderán falar con Papá Noel por vídeoconferencia

Entre os días 10 e 20 de decembro  1.478 alumnos de educación infantil de 32 concellos de Galicia poderán realizar as súas peticións de Nadal a Papá Noel grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas galegas.

Así, os escolares de Educación Infantil de Muros, Celanova, Marín e Barreiros serán os primeiros que reciban esta visita nas aulas CeMIT destes concellos. Este intercambio de mensaxes comezará o luns 10 de decembro a partir das 10 da mañá, cunha duración de media hora en cada localidade.

Por toda Galicia

Nos seguintes días, ata o 20 de decembro inclusive, conectarán con Laponia as aulas CeMIT de  Abegondo, Arzúa, Bande, Bearíz, Betanzos, Boiro, A Cañiza, Carballedo, Castrelo do Miño, Castro Caldelas, Catoira, Cerceda, Ferrol, Fisterra, Leiro, Narón, Negreira, Ourense, Ortigueira, Pontedeume, Quiroga, Santa Comba, Sarreaus, Valga, O Vicedo, Vilagarcía, Vimianzo e Xunqueira de Ambía, ata completar así as 31 localidades que recibirán a visita virtual do noso Papá Noel e un1.478 total de 48 sesións

Ademais dos alumnos de educación infantil dos diferentes colexios de Galicia, tamén terán a posibilidade de solicitar en directo os seus agasallos a Papá Noel o alumnado maior de idade do Centro Pai Menni de persoas con discapacidade de Betanzos e o alumnado con necesidades educativas especiais de Vilagarcía de Arousa

O obxectivo desta actividade, que neste ano cumpre o seu undécimo aniversario e que conta cun gran interese e aceptación entre a comunidade educativa, será facilitar a comunicación entre Papá Noel e os nenos e nenas destas localidades, que poderán falar un por un e interactuar con el poucos días antes da Noiteboa, cando se atendan as peticións de agasallos de todos os nenos do mundo.

También te puede interesar