Cultura

@depo_es impulsa a campaña ‘Xogar sen fendas’ para promover o uso de xoguetes igualitarios

Por cuarto ano consecutivo a Deputación de Pontevedra vai impulsar desde esta ponte de decembro e ata o Nadal a campaña para a promoción da adquisición e uso de xogos e xoguetes igualitarios.

Co nome de “Xogar sen fendas”, este ano a campaña pretende rachar cos estereotipos vixentes no eido das ciencias, centrando a súa imaxe en nenas que xogan con foguetes, con coches e robots, que mesmo tocan a lúa e traballan con átomos e fórmulas matemáticas.

“Queremos eliminar a fenda que existe na nosa sociedade, queremos que as nenas que sacan excelentes notas en matemáticas poidan escoller desenvolver a súa actividade profesional no campo das STEM, xa que o futuro vai estar ligado estreitamente a estas carreiras e non queremos que queden alleas a elas”, asegurou Carmela Silva. Segundo explicou a presidenta provincial “a porcentaxe de matrícula de mulleres en carreiras científicas e tecnolóxicas redúcese cada ano e se as mulleres quedan fora deste ámbito estarano tamén do futuro”.

“Xogar sen fendas” presenta unha ilustración elaborada por Luz Beloso acompañada de textos de Isabel Blanco. “A imaxe recrea o mundo infantil a través de tons cálidos, clásica na forma pero cunha mensaxe innovadora: diferentes nenas xogas e soñan cun futuro mellor, algunha toca a lúa a través da xanela, outras xogan con foguetes e robots, outras con fórmulas matemáticas e debuxan átomos”.

También te puede interesar