Cultura

@depo_es impulsa a campaña ‘Xogar sen fendas’ para promover o uso de xoguetes igualitarios

Por cuarto ano consecutivo a Deputación de Pontevedra vai impulsar desde esta ponte de decembro e ata o Nadal a campaña para a promoción da adquisición e uso de xogos e xoguetes igualitarios.

Co nome de “Xogar sen fendas”, este ano a campaña pretende rachar cos estereotipos vixentes no eido das ciencias, centrando a súa imaxe en nenas que xogan con foguetes, con coches e robots, que mesmo tocan a lúa e traballan con átomos e fórmulas matemáticas.

“Queremos eliminar a fenda que existe na nosa sociedade, queremos que as nenas que sacan excelentes notas en matemáticas poidan escoller desenvolver a súa actividade profesional no campo das STEM, xa que o futuro vai estar ligado estreitamente a estas carreiras e non queremos que queden alleas a elas”, asegurou Carmela Silva. Segundo explicou a presidenta provincial “a porcentaxe de matrícula de mulleres en carreiras científicas e tecnolóxicas redúcese cada ano e se as mulleres quedan fora deste ámbito estarano tamén do futuro”.

“Xogar sen fendas” presenta unha ilustración elaborada por Luz Beloso acompañada de textos de Isabel Blanco. «A imaxe recrea o mundo infantil a través de tons cálidos, clásica na forma pero cunha mensaxe innovadora: diferentes nenas xogas e soñan cun futuro mellor, algunha toca a lúa a través da xanela, outras xogan con foguetes e robots, outras con fórmulas matemáticas e debuxan átomos».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.