Ciencia y Tecnología Galicia

O alcalde entrega exemplares de “Adiós María” de Xohana Torres nos autobuses urbanos

Imaxes: Paula Crespo/O obxectivo desta iniciativa é achegar a lectura á cidadanía viguesa a través dunha historia ambientada na cidade na época na que desaparecen os tranvías e chegan os primeiros autobuses.

A campaña xorde da colaboración entre o Concello, a Editorial Galaxia e Vitrasa e como primeira acción, Abel Caballero, xunto co director xeral de Galaxia, Francisco Castro, e o xerente de Vitrasa, Juan Carlos Vilariño, fixo un tramo do traxecto da liña de transporte urbano, entre a Porta do Sol e o Concello, distribuíndo exemplares da novela entre as persoas que viaxaban no autobús

También te puede interesar