Galicia Vigo al día

O Goberno de Galicia saca a concurso o proxecto que permitirá habilitar 1.600 vivendas en Navia

A conselleira de Vivenda anunciou este luns en Vigo que o Goberno de Galicia xa sacou a concurso, por un importe de 300.000€, a redacción do proxecto de urbanización de Navia, o cal, salientou Ángeles Vázquez, permitirá habilitar 1.600 vivendas.

Nos vindeiros meses, segundo indicou a conselleira durante a visita a varias casas do Casco Vello, comezará o proceso de expropiación para levar adiante esta actuación.

También te puede interesar