Galicia Vigo al minuto

@En_Marea esixe ao Goberno que instale as pantallas anti-ruido na AP-9 á altura de Teis

A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara para esixirlle ao Ministerio de Fomento que proceda á instalación urxente das medidas correctoras anti ruido na entrada da AP-9 en Vigo, á altura de Teis.

Fernández lembra que “os veciños e veciñas de Teis levan anos demandando medidas debido ao grande impacto acústico que causa a autoestrada ao seu paso por esta zona”. De feito, figura en diversos estudos como unha das áreas de maior contaminación acústica do Estado. Afecta a moitas persoas posto que estamos a falar de áreas de importante peso poboacional.

A deputada explica que o Ministerio de Fomento incluiu medidas anti ruido na Segunda Fase do Plan Nacional de Acción contra o Ruido, iniciativa que foi esperanzadora para os veciños e veciñas. «Mais, o tempo pasou e seguen igual. Os habitantes de Teis teñen que continuar a convivir co constante ruido do paso dos coches a toda velocidade. Circunstancia que interfire de xeito agresivo na calidade de vida, na saúde e na convivencia normal. Non poden continuar á espera dunhas medidas que non dan chegado».

Non se pode agardar máis

Alexandra Fernández sinala que o Consello de Ministros do pasado 26 de outubro aprobou o Real Decreto polo que se aproba a adenda ao Convenio entre a Administración Xeral do Estado e Autoestradas do Atlántico, concesionaria, polo que se modifican determinados termos da concesión para a construción, conservación e explotación da AP-9, en cuxa adenda contémplase adoptar medidas para «a redución do ruido sen concretar nin especificar nada».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.