Cultura Galicia

@GardacostasGal requisan preto de 5 toneladas de marisco e peixe

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron máis de 4.950 quilos de marisco e peixe, 407 útiles e un vehículo en distintos controis realizados entre o pasado día 12 e a madrugada deste venres 23 de novembro polo litoral galego. Nestes controis, os axentes tamén requisaron 16.700 metros de artes de enmalle.

A ría de Arousa foi a que rexistrou máis comisos. Nela os gardacostas requisaron arredor de 2.064 quilos de marisco e peixe, 129 aparellos e 12.500 metros de distintas artes de enmalle, entre eles, trasmallos e miños. O operativo máis destacado foi na zona de Sagres, onde os axentes comisaron 720 quilos de centola, 2.250 metros de rascos e 4.250 metros de miños, debido a que todo estaba sen identificar.

Na ría de Pontevedra, os inspectores da Xunta tamén realizaron distintos controis contra a actividade ilegal. Neles aprehendéronse de 513 quilos de peixe e marisco, 96 útiles e 650 metros de miños. Un dos controis máis relevantes foi no porto de Marín e saldouse co comiso de 122 quilos de centola e coa incautación de cinco salabardos. Todo isto foi requisado por carecer de identificación. A maiores, na ría de Aldán, os gardacostas aprehendéronse de preto de 29 quilos de marisco.

A ría de Vigo tamén foi escenario de controis contra o furtivismo que se saldaron co comiso de máis de 223 quilos de peixe e marisco e coa incautación de 26 aparellos e 400 metros de artes de enmalle. Un dos controis máis relevantes foi no Berbés e tivo como resultado a aprehensión de máis de 182 quilos de polbo de talla antirregulamentaria, un produto que foi entregado a un centro benéfico.

También te puede interesar