Galicia

Tres de cada catro profesionais do marisqueo a pé, das redes e das fábricas transformadoras e conserveiras son mulleres

A conselleira do Mar gabou este sábado, no concello lucense de Celeiro, nas Xornadas técnicas de difusión do sector pesqueiro,  o papel da muller no mundo do mar e subliñou que o sector feminino representa tres de cada catro profesionais do marisqueo a pé, das redes e das fábricas transformadoras e conserveiras.

Ademais puxo de relevo que “a figura da muller do mar está consolidada e que ten unha voz máis forte que nunca nos órganos representativos decisorios e consultivos do sector”. De feito, expuxo, a súa presenza nos órganos reitores das confrarías de pescadores de Galicia, tralas eleccións unificadas celebradas no mes de setembro, aumentou nun 56% en relación ao ano 2014. A conselleira tamén sinalou que a figura feminina representa o 5% do sector da pesca extractiva, con preto de 500 mulleres, e o 25% do sector acuicultor, con aproximadamente 1.500 mulleres.

También te puede interesar