Cultura Vigo al minuto

@depo_es inaugura en Vigo a cuarta edición de “Mulleres en Acción. Violencia Zero”

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, xunto ao alcalde Caballero, e a deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, inaugurou este venres, no salón de actos do MARCO, a cuarta edición do programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero” impulsado pola institución provincial. O acto, celebrado en Vigo con motivo do #25N Día Internacional Contra a Violencia Machista, estivo protagonizado por unha acción colectiva de máis de 20 mulleres artistas que xa  participaron nas tres edicións anteriores, e rematou con “Nosotras”, a peza inaugural deste novo ciclo que correu ao cargo da recoñecida autora Nieves Correa.

Carmela Silva dedicou a súa intervención a lembrar, un por un, os nomes das 53 mulleres asasinadas en España no que vai de ano, unha relación de crimes que cualificou como “unha vergoña social, unha lacra insoportable que non podemos aguantar máis”.

Pola súa banda, o alcalde fíxose eco dunha das frases das artistas, “nunca seremos libres mentres haxa unha muller sometida”, e lembrou ás 200 nenas e nenos que hoxe en Vigo “clamaron contra as violencias machistas”. Abel Caballero felicitou á Deputación por ser un referente na loita pola igualdade, pero tamén alertou que “aínda que estamos na ruta, o camiño pode ser lento e os avances pódense converter en retrocesos polo que hai que estar moi atentos“. “Non hai nada máis terrible que a violencia dun home sobre unha muller e nesa loita sempre estaremos en Vigo o tempo que faga falta”.

También te puede interesar