Destacados Vigo al día

#25N Actos este venres e sábado en Vigo en torno ao ‘Día Internacional Contra a Violencia Machista’

Dentro dos actos convocados en torno ao 25N, ‘Día Internacional Contra a Violencia Machista’, este venres, día 23, ás 5 da tarde, a Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo organiza Museo unha charla coloquio na que se contará coa presenza experta de Marta González Vázquez, portavoz de Igualdade no Congreso dos Diputados e Vicepresidenta da Comisión de Seguimiento del Pacto de Estado sobre Violencia de Género.

O acto está aberto á participación de todas as persoas interesadas e xa está confirmada a asistencia  de representantes do movemento asociativo da cidade en todas as súas vertientes: veciñal, cultural, asistencial, de mulleres, de maiores, da discapacidade, que terán a oportunidade de achegar as preguntas, dúbidas ou suxestións que teñan sobre o tema para despois debater sobre as mesmas  co obxectivo de elaborar un decálogo de propostas para presentar posteriormente no Concello de Vigo e promover o compromiso  maioritario sobre esta importante e grave cuestión dos distintos partidos políticos da nosa cidade.

Feminismos unitario Vigo

Doutra banda, ‘Feminismos unitario Vigo’, que ao longo desta semana desenvolve diferentes actividades  baixo o lema ‘Loita Feminista contra o terrorismo machista’, convoca para hoxe ás 7 da tarde, na Praza da Pedra unha ‘pergormance’, á que seguirá  unha manifestación noturna non mixta polo Casco Vello -pregase ir de negro-.

Asociación Veciñal de Teis

A Asociación Veciñal de Teis, apoia o acto deste sábado 24 de novembro ás 11 e media da mañá, diante do mercado, organizado pola ‘Marcha Mundial das Mulleres’. Este acto consistirá nunha performace coa coloción de zapatos para representar ás 87 mulleres asasinadas no 2018 no Estado español.

“A violencia machista é unha lacra na nosa sociedade. Os gobernos deben garantir os dereitos das mulleres a vivir nunha vida sen violencia e sen discriminacións. Non podemos ser diferentes mentres o 50% da sociedade, sofre violencia chegando ao asasinato de mulleres”, sinalan dende a asociación vecinal.

También te puede interesar