Galicia Vigo al minuto

@MareaVigo pide adxudicar en concurso público os 500.000€ para a programación do Auditorio Mar de Vigo

Para Marea de Vigo o feito de que o Auditorio pase a mans do Concello é motivo máis que dabondo  para que se adxudique por medio do concurso público os 500.000€ para a elaboración e posta en marcha da súa programación cultural.

Rubén Pérez, voceio do Grupo Municipal de Marea de Vigo subliña que esa “subvención” de 500.000€ “tería que ter cesado hai tempo, mais xa de xeito definitivo no momento no que o xulgado ordena o cese de actividade, ao resolverse o concurso de acreedores” e engade que , “semella que o goberno do PSOE pretende seguir pagando ese medio millón de euros dun xeito totalmente arbitrario, nesta ocasión xa, desde a propia administración pública”.

Marea de Vigo considera que a xestión da programación cultural no Auditorio Mar de Vigo debe pasar polos procesos contractuais que lle corresponde, “abrindo a posibilidade de avaliar outros proxectos técnicos para a explotación do espazo, onde o tecido cultural da cidade tamén xogue un importante papel, nun momento ademais no que o propio tecido cultural na nosa cidade está sufrindo unha serie de políticas baseada nas ocorrencias e necesidades publicitarias dun alcalde”.

También te puede interesar