Galicia

@depo_es aproba unha achega de preto de 170.000€ para o Concello de Baiona coa que pecha o ‘Plan Concellos’ deste ano

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou unha nova achega para o concello de Baiona, por un importe total de 167.319,48€. Con esta actuación o municipio pontevedrés pecha o Plan Concellos deste ano, ao través do cal o goberno provincial destinoulle 1.582.966€, un 76,71 % máis que en 2017.

Con este último investimento o concello de Baiona poderá financiar unha actuación de mellora no paseo fluvial de Baredo que consistirá na prolongación do paseo mediante unha pasarela de madeira que irá desde a ponte situada no lugar de Carballo da Aba ata o denominado Torre, na parroquia de Baredo. Para esta ampliación do paseo, cunha lonxitude de 500 metros, utilizarase madeira de pino silvestre e para o tramo que transcorre baixo a ponte da estrada será de formigón.

Este ano, ao través da Liña 1 do Plan Concellos, Baiona tamén contou co financiamento da reurbanización e acondicionamento do acceso á Igrexa de San Lourenzo de Belesar e da Praza Antonio Taboada, por importe de 168.995,46 euros; da reforma do edificio norte do Mercado de Sabarís, por 629.200 euros, e da adquisición de oito colectores de lixo grandes con carga lateral, dous unidades pequenas e 12 centradores destinados ás parroquias de Baiña e Belesar.

Amais, a Deputación de Pontevedra adxudicou 40.000 € no que corresponde á liña 2 e tamén outros 208.237,36 € que foron destinados á financiación da contratación de 38 traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no concello, dentro da liña 3 de emprego.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.