RGPD - Cookies
Galicia

Traballadores dos PAC entregarán á Xunta centos de sinaturas de pacientes apoiando as súas reivindicacións

O Comité de Folga dos PAC informa que as traballadores dos Puntos de Atención Continuada (PAC) de distintas Áreas Sanitarias farán entrega este venres, día 16, mediante Rexistro, de centos de sinaturas de usuarias e usuarios destes centros, apoiando as reivindicacións do colectivo.

“Malia o mes que o colectivo estivo en folga e as reiteradas afirmacións do Goberno de Galicia  manifestando que estaba disposto a falar e chegar acordos, a realidade e que non houbo ningún contacto co comité de folga para negociar para conseguir unha saída as reivindicacións do colectivo”, sinalan dende o Comité.

Os seus representantes asegura que, asemade endurecéronse as condicións de traballo, «nomeadamente do colectivo médico, aos que lles están extendendo a súa xornada a golpe de burofax. Mentres que se deixou sen cubrir a presencia de médicos en numerosas ocasións varios centros”.

Así mesmo, o colectivo anuncia novas xornadas de folga, endurecendo as súas medidas, do  vindeiro venres, 23 de novembro ate o 17 de decembro todos os martes, venres e domingos deste periodo.

También te puede interesar