RGPD - Cookies
Galicia

Redondela abre o prazo de inscrición para o Programa de Municipal de Conciliación en Nadal

A Concellaría de Muller e Igualdade de Redondel avén de abrir o prazo de inscrición para participar no ‘Programa Municipal de Conciliación 2018’ convocatoria de Nadal.

O principal obxectivo desta actividade é promover a conciliación da vida familiar e laboral das familias do concello durante estas vacacións.

Este Programa, ao que hai que inscribirse previamente, ofértase para menores de 4 a 14 anos, cuxa nai ou pai teña unha antigüidade no empadroamento no concello de Redondela de como mínimo 1 ano.

O Programa desenvolverase do 24 ao 31 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro de 2019, de luns a venres, en horario de 9 da maña a 2 da tarde, nas seguintes parroquias: Cedeira: Centro cultural de Cedeira, con 15 prazas; Cesantes: Centro cultural de Cesantes, con 15 prazas; Chapela: Multiúsos, con 15 prazas; Negros: Asociación de veciños de San Esteban de Negros, con 15 prazas; O Viso: Antiga escola de Tuimil, con 15 prazas; Reboreda: Sociedade labrego cultural de Reboreda, con 15 prazas;  Redondela: Multiúsos, con 30 prazas; Saxamonde: Centro cultural Chan das Pipas, con 15 prazas; Ventosela:  Asociación deportivo cultural Miñoteira, con 15 prazas e Vilar de Infesta: Centro cultural de Vilar de Infesta, con 15 prazas.

Para poder participar é preciso presentar no Rexistro xeral do Concello en Redondela ou Chapela a ficha de solicitude de participación, que se pode descargar da páxina web do Concello ou recollela nas oficinas do Centro de Información ás Mulleres (CIM).

O prazo de inscrición remata o venres 30 de novembro. A listaxe de admitidos publicarase o venres 14 de decembro. Para máis información podédesvos dirixir ao CIM (Centro de Información ás Mulleres), na rúa Isidoro Queimaliños, núm. 2, ou chamando ao 986 40 80 43.

También te puede interesar