Comarcas

@depo_es aproba unha nova achega do Plan Concellos a Oia por máis de 44.000€

O Goberno da Deputación de Pontevedra vén dde aprobar un novo investimento a Oia ao abeiro do Plan Concellos por un total de 44.385,55: unha axuda que se destinará á pasarela peonil pendurante en Acevedo.

Ademais desta cantidade, o goberno provincial ao través do Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o municipio. En concreto, 205.180,98€ na liña 1 destinados a financiar a mellora da accesibilidade do centro social cultural de Pedornes; a actuación integral de camiños de Viladesuso, Mougas e Santa María de Oia; o subministro de sinalización vertical; o acondicionamento de espacio exterior para eventos no centro cultural de Pedornes; a actuación integral no camiño de Refoxos; a reforma de parques infantís en Mabia, Torroña e Acevedo; o subministro de maquinaria e material diverso, e o subministro de cisterna.

No que corresponde á liña 2, a Deputación de Pontevedra adxudicou 42.062,92 € para financiar os concertos de verán e os gastos de limpeza de edificios municipais. E tamén, outros 99.899,44 € foron destinados á financiación da contratación de 9 traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no concello, dentro da liña 3 do Plan de Concellos 2018.

A Deputación destina este ano a Oia, ao través do Plan Concellos, un total de 757.063,55 euros, un 74,58% máis que en 2017.

También te puede interesar