Destacados Sucesos

83 personas feridas en accidentes de tráfico nunha fin de semana sen mortos nas estradas de Galicia

O 061 asistiu durante a fin de semana a 83 persoas debido a 63 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 9, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 11 de novembro.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 80 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 63 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 83 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 80. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en dous accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 69 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en tres ocasións.

En 70 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 13 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar