'Qué te cuentas?' Comarcas

@depo_es aproba un investimento de 52.000€ máis a Redondela dentro do Plan Concellos

O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar un novo investimento a Redondela ao abeiro do Plan Concellos por un total de 51.988,12€. Segundo indican dende a administración provincial, trátase dunha axuda que se destinará ao acondicionamento e mellora de camiños municipais en Vilar de Infesta, Cesantes e Santo André de Cedeira.

O goberno provincial, a través do Plan, xa adxudicou outras axudas para o municipio co fin de subministrar caucho para a mellora das condicións funcionais do céspede artificial de dous campos de fútbol, a subministrar o equipamento deportivo para a pista deportiva da alameda de Redondela, a reordenar o aparcadoiro anexo á alameda de Chapela, subministrar un piano de cola para o edificio multiusos da Xunqueira, subministrar dúas cortinas verticais para o pavillón polideportivo municipal A Marisma, subministrar un palco modular para a celebración de distintos eventos na parroquia de Chapela, subministrar megafonía para o pavillón polideportivo municipal A Marisma, o pavillón de Redondela e o pavillón de Chapela, acondicionar e mellorar a Rúa Campo das Redes e a Rúa Hospital, renovar as redes de saneamento e abastecemento na rúa Patrimonio, sanear os camiños Mouriño, Paparoxo e Subida Rabexa e mellorar camiños municipais no Viso e en Reboreda.

No que corresponde á liña 2, a Deputación de Pontevedra destinou 111.669,37€ a gastos correntes relacionados coa enerxía eléctrica e o servizo de xestión tributaria. Tamén, outros 227.128,81€ foron destinados á financiación da contratación de traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no concello, dentro da liña 3 de emprego.

Dende a Deputación sublíñase que a institución provincial “destina este ano a Redondela, a través do Plan Concellos, un total de 2.005.212,11€, un 72,85 % máis que en 2017”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.