Cultura Destacados

Asinado en Vigo un preacordo que pode rematar coa folga indefinida no sector de elaborados do mar

O preacordo de convenio colectivo estatal asinado este sábado pola noite entre os sindicatos e a patronal do sector dos produtos elaborados do mar supón un “avance fundamental” na dignificación das condicións laborais ao contemplar unha importante suba salarial -do 16 ao 20% segundo a categoría- e incluír boa parte das melloras sociais que reclamaban os traballadores-como a creación do permiso retribuído para acompañar a menores ao médico, unha demanda histórica-sinalan dende a CIG.

As asembleas que se celebrarán a partir deste luns nas empresas deberán ratificar o pactado, o que suporía a desconvocatoria da folga indefinida prevista para este xoves 15.

O achegamento entre centrais CIG, CCOO e UGT e a patronal Conxemar produciuse tras oito horas de negociación, nun encontro que se celebrou en Vigo a partir do mediodía e no que participou a presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais.

Por volta das 9 da noite asinábase unha acta que contempla como principais aspectos unha suba de soldos total nos catro anos de duración do convenio (2018-2021) do 16 ao 20% segundo a categoría laboral, incremento e creación de novos pluses, redución da xornada, aumento das licenzas, ademais de regularse a subcontratación e o uso das ETT.

También te puede interesar