Galicia

Ás 12 da noite ábrese a campaña extractiva da centola e do boi nas provincias da Coruña e Pontevedra

A Consellería do Mar abre ás 12 da noite a campaña extractiva da centola e do boi nas provincias da Coruña e Pontevedra. Nas áreas que van da Guarda ata Cabo Corrubedo-na provincia de Pontevedra- e de Cabo Corrubedo ata Cabo Estaca de Bares -na da Coruña-, a frota con porto base nestas zonas e que se dedica á extracción destas especies pode calar os aparellos esta noite e levar as especies á lonxa mañá luns.

A campaña deste crustáceo nestas dúas provincias prolongarase ata o inicio da veda do ano 2019, que se fixará a través do correspondente Plan de Xestión. No caso da parte que vai Cabo Estaca de Bares ata o río Eo -incluíndo a Ría do Barqueiro-, na provincia de Lugo, a campaña iniciarase o 3 de decembro.

A cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 kg por barco e día, ao cal se engadirán 35 kg/día por cada tripulante enrolado e a bordo. Poderán participar na campaña todas as embarcacións con artes menores e con porto base nesta comunidade, así como aquelas que tendo porto base noutras comunidades autónomas, teñan permisos especiais de pesca para faenar nestas augas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.